Todas as circunstancias que o rodeaban fixeron que fora algo máis que un magosto, foi un reflexo do rexurdir dunha comunidade cultural e social que reforzou o seu vínculo unha vez máis.
Tras meses de dura pandemia, a mellora da situación sanitaria invitaba á recuperación das actividades sociais, culturais e comunitarias que se perderan nos últimos meses. A sociedade estaba sedenta de poder recuperar unha parte das súas vidas que lles foi arrebatada no pasado mes de marzo do ano 2020.
Algo máis que un magosto
Un exemplo desa recuperación da actividade anterior á pandemia é a que tivo lugar o pasado domingo nas instalacións da parroquia de San Pío X. Alí, a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, facía unha convocatoria para participar no seu magosto, unha cita que non puidera realizar no ano anterior.
Máis de 200 persoas anotadas ó magosto é un bo exemplo da resposta que a masa social tivo ante esta convocatoria pero non quedou aí a cousa. As actuacións previstas durante a festa provocaron que foran moitos máis os que se achegarían ó recinto para gozar dos concertos programados e que eran de libre acceso. Nin tan sequera a molesta choiva que caeu durante a maior parte da tarde foi capaz de quitar atractivo á festa.
O magosto de Música e Cultura de Galicia foi unha berro ó ceo para dicir !VOLVEMOS!
Todos volvemos a gozar da música en directo, das xuntanzas, da gastronomía, etc… Volvemos a mirarnos ós ollos sen intermediarios dixitais, a experimentar esas sensacións únicas que sentimos cando facemos o que nos enche a alma. Volvemos a recuperar aquelas actividades que daban sentido ás nosas vidas e que agora, tras perdelas temporalmente, teñen un significado especial.
O magosto de Música e Cultura de Galicia é un claro exemplo de que tras unha larga travesía, toca reconquistar todas aquelas costumes perdidas. Esta asociación, igual que moitas outras, supón unha ferramenta fundamental para fortalecer os lazos que necesita a nosa sociedade.