Noticias

Allariz tamén contará cun espazo sen fume

O concello de Allariz tamén contará cun espazo sen fume ó sumarse á iniciativa impulsada pola Asociación Española Contra o Cancro.

Unha votación popular permitiu escoller o espazo do concello de Allariz que a partir de agora se considerará un «espazo sen fume».

Allariz tamén contará cun espazo sen fume

Esta propsota da AECC pretende crear espazos libres dos efectos nocivos do tabaquismo. Ó mesmo tempo, preténdese reducir o consumo de tabaco entre a poboación máis nova para reducir a porcentaxe de fumadores.

Allariz tamén contará cun espazo sen fume
Foto: AECC en Ourense

No acto de presentación deste espazo sen fume estiveron presentes a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o presidente da AECC en Ourense, Germán Rodríguez-Saá, que firmaron un convenio de colaboración. O espazo escollido pola veciñanza de Allariz foron os arredores do CEIP Padre Feijóo e do pavillón municipal.

Botón volver arriba