Eventos

O aninovo da UPO trae dúas propostas musicais

O aninovo da plataforma Queremos UPO trae dúas propostas que terán como escenarios o Paraninfo do IES Otero Pedrayo e o Liceo de Ourense.

Os concertos de Aninovo organizados pola plataforma Queremos UPO servirán para pechar o Ano Cultural 2023 e dar comezo á programación de 2024.

O aninovo da UPO trae dúas propostas musicais

Os días 10 e 12 de xaneiro, a música do grupo Trovare e Salomé Garrido serán unha boa opción para comezar o ano gozando de música de calidade en Ourense.

A primeira cita será o 10 de xaneiro no Paraninfo do IES Otero Pedrayo. O grupo Trovare realizará un concerto que está previsto para as 19:30h. Será o venres, día 12, cando se celebre o segundo concerto que terá como protagonista á pianista Salomé Garrido. O Liceo de Ourense acollerá desde as 20h o concerto desta talentosa pianista.

Ambos concertos terán acceso libre.

Botón volver arriba