Noticias

Aquilino Domínguez repite como candidato en Parada de Sil

Aquilino Domínguez Díaz repite como candidato socialista en Parada de Sil para as eleccións municipais do próximo 28 de maio.

O actual alcalde presentou a súa candidatura coa intención de «seguir construíndo unha Parada mellor e unha Parada de Sil con futuro».

Aquilino Domínguez repite como candidato en Parada de Sil

Durante a súa intervención, Aquilino Domínguez indicou estar «motivado por darlle continuidade a este proxecto socialista que comecei fai catro anos e con este equipo humano, co que tiven a sorte de poder contar nesta andadura».

Entre os logros do actual mandato, o candidato socialista puxo o foco nuns «investimentos en obras e infraestruturas por un importe nada depreciable de 2.481.121,36 euros». Entre as actuacións realizadas destacou as beirarrúas na zona da Ribeira, o miradoiro do chan, a instalación de alumeado LED e o aparcadoiro en Parada de Sil.

Francisco Magide Bizarro, actual tenente de alcalde, destacou o «compromiso con Parada, é dicir que traballaremos para toda a veciñanza como é a nosa obriga independentemente de amizades ou cores política; traballo arreo todos os días para acadar todas as melloras necesarias para a vida da veciñanza e a estadía dos visitantes que xeran emprego e riqueza; e a ilusión, a mesma que no 2007, a pesares de que moitas veces sentimos a soidade por falta de axudas da Xunta e especialmente da Deputación de Ourense».

Aquilino Domínguez repite como candidato en Parada de Sil

Uxía Tizón, deputada no Congreso, puxo en valor o concello de Parada de Sil. Na súa opinión, Parada de Sil conta «cunha riqueza, beleza natural e contorna privilexiada, que sen dúbida hai que poñer en valor, como ten feito este alcalde, que soubo sacar o mellor posible deste municipio, cun traballo incansable».

Back to top button