A Subdelegación do Goberno en Ourense coordinou a seguridade para O Gran Camiño 2026 nunha xunta celebrada hoxe.
A reunión estivo centrada na etapa raíña que terá lugar o 17 de abril entre Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo.
Ourense coordina a seguridade para O Gran Camiño 2026
A reunión estivo presidida polo secretario xeral da Subdelegación, Manuel Arias Carral, e contou coa participación do director xeral da proba, Ezequiel Mosquera; o xefe provincial de Tráfico, David Llorente; así como membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, representantes da Xunta, servizos de emerxencias e concellos implicados.

O encontro tivo como principal obxectivo garantir unha coordinación eficaz entre todos os dispositivos implicados, co fin de asegurar a protección de participantes e público, e facilitar o normal desenvolvemento da competición.
A etapa 4, denominada Camiño de Ourense, contará cun percorrido de 145,70 quilómetros. A saída está prevista en Xinzo de Limia ás 11:50 h e discorrerá polos municipios de Sandiás, Allariz, Barbadás, Ourense, O Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Maceda e Xunqueira de Espadanedo.

