Entrevistas

Aquilino Domínguez ó temón de Parada de Sil

Aquilino Domínguez está o temón de Parada de Sil desde o ano 2019. Para un home involucrado có seu concello, a alcaldía permítelle ofrecer unha axuda directa ós seus veciños.

En 2019, Aquilino Domínguez chega a alcaldía de Parada de Sil tras obter a maioría absoluta nas eleccións municipais. Tras un mandato como concelleiro, alcanzaba o bastón de mando e comezaba un camiño claro e decidido para construír o futuro de Parada de Sil.

Aquilino Domínguez ó temón de Parada de Sil

A pesares da mingua de poboación que o concello sufriu nas últimas décadas, Parada de Sil é un concello vivo. A actividade turística e cultural deste concello que conta cunha gran riqueza monumental e paisaxística, mantén un ritmo frenético.

Situado no corazón da Ribeira Sacra, Parada do Sil constitúe un punto de atracción para descubrir as numerosas xoias que agocha

Entrevista con Aquilino Domínguez

¿como xurde a posibilidade de entrar na política activa?

A oportunidade xurde despois de dun cúmulo de circunstancias onde os meus compañeiros de partido apostaron por min. Despois dunha longa meditación, decidín presentarme como cabeza de lista. Os veciños déronme o seu apoio e aquí estamos facendo as funcións de Alcalde.

¿Como catalogaría a experiencia ata o momento?

A experiencia ata agora é fantástica gracias a comprensión dos veciños e ó apoio e compromiso de traballo dos compañeiros de mandato.

Parada de Sil está a sufrir a despoboación, ¿é posible reverter esa tendencia?

Parada de Sil é un concello con moitas posibilidades no sector do turismo e no de servizos sobre todo. Nestes sectores nos só non temos desempregados senón que ten que vir xente de fora para poder atender as demandas. Con estes datos, creo que reverter a situación do despoboamento non vai ser doado pero temos os ingredientes necesarios para fixar poboación.

¿Existen as infraestruturas necesarias para asentar nova poboación?

Temos as infraestruturas e servizos necesarios. Temos centro de saúde, farmacia, centro PAI (punto de atención á infancia), xeriátrico e servizo de autobús. Teremos fibra e internet ultra rápido en tódolos pobos (a partires de marzo) e vivendas sociais para Semana Santa, ademais, estamos moi ben comunicados e moi cerca de Ourense (50Kms).

¿O futuro de Parada de Sil pasa por potenciar o turismo?

Un dos piares fundamentais é o o turismo pero temos mais posibilidades. Potenciaremos o turismo sostible sen dubidalo.

A Ribeira Sacra e o Mosteiro de Santa Cristina, ¿son a mellor carta de presentación de Parada de Sil?

Tamén engadiría a Pasarela do Mao e a Necrópole de San Víctor.

¿Que proxectos ten o concello para o que resta de mandato?

Proxectos temos varios en marcha pero os mais importantes van ir encamiñados ó turismo sostible.

Fotos del Monasterio de Santa Cristina

El Cañón del Sil en la Ribeira Sacra

Pasarela del Río Mao

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba