Preto de 300 ximnastas dos clubs Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón comezan unha intensa tempada de competicións que se estenderá ata o mes de xullo.
O calendario deportivo abriu co Campionato Galego Individual Base, onde Noa González e Martina Conde debutaron na modalidade individual en categoría xuvenil.
Arrinca a tempada de ximnasia rítmica cos clubs Pavillón e Escola Pavillón
O 29 de marzo celebrarase en Celanova a primeira fase do Campionato Escolar, Promoción e Prebase, ademais da Copa Deputación. Nos vindeiros meses, os equipos enfrontaranse a clasificatorios para as Copas de España e os Nacionais individuais, así como a competicións de ximnasia estética de grupo a nivel nacional.
Para dar comezo á tempada, o vindeiro 15 de marzo, a partir das 11:30 horas, a Cancha Central dos Remedios acollerá unha sesión de portas abertas na que se presentarán os equipos que competirán este ano.

En total, serán 296 deportistas distribuídos en diferentes niveis:
- Ximnasia Xeral: 5 grupos.
- Nivel Escolar: 14 conxuntos e 14 ximnastas individuais.
- Nivel Promoción: 3 conxuntos.
- Nivel Prebase: 3 conxuntos e 1 ximnasta individual.
- Nivel Nacional Base: 3 conxuntos e 4 ximnastas individuais.
- Nacional Absoluto: 3 conxuntos e 13 ximnastas individuais.
- Ximnasia Estética Nivel Nacional: 2 conxuntos.