Colaboraciones

As eleccións máis importantes para Ourense

As eleccións máis importantes para Ourense. Artigo de Ainoa Rodríguez Álvarez, integrante da candidatura do PSdeG-PSOE ás eleccións autonómicas de 2024.

Os mozos e mozas de Ourense agonizamos, choramos ante a falla de políticas reais. A Xunta de Galicia afogou a nosa provincia e a nosa cidade durante longos anos nos que se instaurou unha escuridade absoluta. Un trato denigrante.

As eleccións máis importantes para Ourense

Vivimos nunha situación crítica, a xuventude morre sistematicamente, morre porque marcha en busca dun futuro, en busca dunha dignidade desaparecida na nosa terra. Non temos futuro.

As eleccións máis importantes para Ourense
Ainoa Rodríguez Álvarez

Non temos futuro para os nenos, para os mozos e mozas, nin para os nosos maiores. Non existen políticas de educación, nin de vivenda, nin de emprego, nin de coidado a quen máis o precisa.

Non queremos marchar do noso fogar para atopar traballo, nin tampouco queremos esperar semanas ou meses para unha diagnose médica ou incluso anos para unha revisión por enfermidade crónica.

É vergoñento tal abandono por parte da administración autonómica, sen falar do estratosférico gasto do alcalde en festas e demais actos innecesarios. Somos mozos, pero non vivimos soamente de festas; queremos un traballo adecuado, con salarios dignos; queremos cultura, que haxa obras de teatro, concertos que non impliquen borracheiras; queremos vivendas apropiadas, non pagar por un zulo unha barbaridade e por suposto tampouco queremos que se acepten como  habitables baixos comerciais; queremos políticas de coidado adaptadas para todo tipo de maiores, sen importar o seu poder adquisitivo; queremos estar orgullos de dicir que somos de Ourense.

Precisamos dun cambio, dun compromiso real coa xuventude, que deixen de tomarnos o pelo, cando realmente estamos preocupados polo noso futuro, a nosa formación, e un lugar onde poder recrearnos e construír a nosa historia sen ter que marchar.

Non temos futuro debido a unha vergoñenta intolerancia cara a nosa terra. Terra esquecida e maltratada por un partido que non mostra interese real polos problemas de Ourense.

Somos ourensáns, somos amantes do noso, da nosa cidade, do noso rural, da nosa vida. Queremos un futuro, queremos un cambio.


As eleccións máis importantes para Ourense. Artigo de Ainoa Rodríguez Álvarez, integrante da candidatura do PSdeG-PSOE ás eleccións autonómicas de 2024.

Botón volver arriba