A Asociación Loureiro entrega os premios do certame literario que convocou para o alumnado que estuda a ESO nos centros do barrio do Couto.
A Asociación Loureiro entrega os premios do certame literario
Os dous primeiros premios de cada categoría estaban dotados cun vale de 50€ para gastar nos comercios do barrio. Ademais, os asistentes recibiron unha lámina de Florencio Delgado Gurriarán, obra de Miguel Ángel Martínez Coello, e o último número da revista Nós, a Xente do Redor de mans do director da publicación Avelino Jácome.
O I Certame Literario Loureiro cumpriu coas expectativas grazas ó esforzo de tódalas partes implicadas como recoñeceu o presidente da entidade, Manuel Antonio García.