O club Athlos compite con éxito en varios frontes durante a fin de semana conseguindo importantes resultados deportivos.
Xogadores e xogadoras de distintas idades competiron contra os mellores deportistas da especialidade para mostrar o alto nivel que posúen.
Froito desa capacidade competitiva que teñen os deportistas de Athlos, podemos atopar os seguintes resultados:
XLV CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO
Neste campionato Galego Absoluto, Athlos competía cos deportistas Laura Fernández, Sara Galicia, Ana Nóvoa, Sara Ezquerro, Javier Álava e Antonio Iglesias.
Campións Galegos Absolutos
- Ana Nóvoa en individual feminino
- Antonio Iglesias en individual masculino
- Javier Álava en dobres masculino (con Rodrigo Sanjurjo do CB As Pontes)
Subcampións Galegos Absolutos
- Sara Galicia e Javier Álava en dobres mixtos
- Antonio Iglesias en dobres masculino (con Gabriel Fernández do CB Cíes)
Medallas de Bronce
- Laura Fernández en dobres feminino (con Uxía Fernández do CER Vigo)
- Sara Ezquerro en individual feminino
- Sara Galicia e Sara Ezquerro en dobres feminino
- Ana Nóvoa en dobres mixtos (con Rubén Comerón do CB A Estrada)
MÁSTER N1-N4 SUB17
A adestradora Olalla Fernández acompañou á delegación de Athlos que participou neste torneo Sub17. Beatriz López, Martina Llamas, Paula Casas, Lucía Cid, Xoel Álvarez, Gael R. Santamaría e Gael R. Pérez competiron con éxito nesta competición.
- Medalla de Ouro
Xoel Álvarez en dobres masculino N1 - Medalla de Prata
Xoel Álvarez en individual masculino N1 - Medallas de Bronce
Paula Casas e Lucía Cid en dobres feminino N1
Paula Casas en Individual feminino N4
Beatriz López e Gael R. Santamaría en dobres mixtos N1
SPANISH PARABADMINTON INTERNATIONAL – II
En Vitoria-Gasteiz (País Vasco), tivo lugar o Spanish Parabadminton Internacional – II desde o 15 ó 21 de abril de 2024. Os deportistas de Athlos Ignacio Fernández, Daniel García, Mireia Hermida e Manuel G. Rosendo formaron parte neste competición quedando ás portas de lograr unha medalla.
Para Daniel García e Mireia Hermida, esta competición supuxo o seu debut nun torneo internacional.
- Ignacio Fernández – 5º posto en individual masculino WH2
- Manuel G. Rosendo – 5º posto en dobres masculino SU5 (con Pablo Serrano)