Noticias

O Athlos Ourense logra un histórico bronce na Copa Iberdrola

O Concello de Ourense recibiu o club tras acadar o terceiro posto na Copa Iberdrola de Bádminton 2026, disputada en Oviedo.

A Copa Iberdrola de Clubes é a principal competición nacional por equipos de bádminton feminino.

O Athlos Ourense logra un histórico bronce na Copa Iberdrola

O Concello de Ourense felicitou o club polos seus resultados nunha recepción na que participaron os concelleiros de Deportes, Aníbal Pereira, e de Artes e Festexos, Noa Rouco.

O Athlos Ourense logra un histórico bronce na Copa Iberdrola
Foto: Concello de Ourense.

Os representantes municipais recibiron a adestradora Olalla Fernández e as xogadoras Sara Ezquerro e Mariña González, protagonistas deste histórico resultado para o deporte ourensán.

Durante o encontro tamén recoñeceron a convocatoria de Xoel Álvarez coa selección española sub-19 para disputar o Campionato de Europa en Hungría e o Campionato do Mundo en Exipto.

Publicaciones relacionadas

O Athlos continúa competindo na Liga Ouro e mantén a súa aposta pola formación e pola promoción da canteira.

Aníbal Pereira destacou o talento deportivo existente en Ourense e reivindicou un maior recoñecemento para disciplinas menos coñecidas. O concelleiro tamén puxo o foco na necesidade de apoiar clubs como o Athlos para facilitar que os seus deportistas poidan competir ao máximo nivel.

Botón volver arriba