Deportes

Balonmán Miño e Club Ribeiro firman un convenio

O Club Balonmán Miño e o Club Deportivo Cultural Ribeiro firman un convenio de filialidade para a temporada 2024-25.

O convenio entre ambas entidades deportivas foi asinado este mércores nas instalacións da Adega Ramón Docasar.

Balonmán Miño e Club Ribeiro firman un convenio

Mediante este convenio, os integrantes de ambos clubs serán os principais beneficiados ó poder contar cunha mellor estrutura deportiva. Os xogadores que rematan a idade xuvenil terán a oportunidade de continuar a súa formación no Balonmán Miño que disputa a 2ª autonómica.

Balonmán Miño e Club Ribeiro firman un convenio
Foto: Balonmán Miño

Estes xogadores tamén terán a oportunidade de incorporarse á dinámica de traballo do Club Deportivo Ribeiro que competirá no Grupo A da 1ª Nacional.

Balonmán Miño e Club Ribeiro firman un convenio
Foto: Balonmán Miño

Froito da colaboración entre ambos clubs, un combinado xuvenil participou con éxito no Torneo Internacional Costa Doiro. Este combinado acadou o subcampionato nesta competición celebrada na vila de Lagos, Algarve (Portugal).

Botón volver arriba