O concello de Barbadás abre as piscinas municipais este xoves, 30 de xuño. O anuncio era moi agardado polos veciños ó tratarse dunha infraestrutura moi demandada.
Trala publicación recente sobre o funcionamento do servizo para adquirir as entradas e os bonos para as piscinas de Barbadás, xa temos data de apertura.
Barbadás abre as piscinas municipais
Dende o xoves, 30 de xuño, as piscinas situadas na Valenzá estarán abertas en horario partido de mañá e tarde.
- Horario de mañá: 12 a 15h.
- Horario de tarde: 16 a 21h.
No interior das instalacións das piscinas municipais de Barbadás, estarán instaladas varias máquinas de vending.