O concello de Barbadás coloca unha bandeira de Galicia coincidindo co día de Rosalía e cumprindo cun acordo plenario do mes de decembro.
«Debemos defender dende o concello o sentimento de patria, ao igual que fixo Rosalía de Castro», sinalou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.
Barbadás coloca unha bandeira de Galicia no día de Rosalía
A colocación da bandeira na pista de Skate da Valenzá, lugar «vistoso e senlleiro do concello», levouse a cabo coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 23 de febreiro de 1837. Esta iniciativa xurde dun acordo do pleno municipal do mes de decembro.