Noticias

Barbadás incorpora dous novos concelleiros

O concello de Barbadás incorpora dous novos concelleiros que se incorporan á corporación municipal para cubrir dúas baixas.

A recente dimisión de unha concelleira do PP e outro do PSdeG foi cuberta no pleno celebrado onte no concello de Barbadás.

Barbadás incorpora dous novos concelleiros

Nas últimas semanas, este concello viu como dimitían o concelleiro responsable da área de deportes, Cristian Rodríguez, e a concelleira do PP, Dolores Grande. No pleno que se celebrou onte, tomaron posesión da súa acta de concelleiros Noemí Pintos polo PSdeG-PSOE e Roberto Fernández do Partido Popular.

Barbadás incorpora dous novos concelleiros
Fotos: concello de Barbadás

No mesmo pleno, saíu de novo a debate a situación das escolas deportivas e a escola de música. Unha moción do PP para incorporar bonificacións nas escolas deportivas foi aprobada ó absterse os dous partidos que forman parte do goberno municipal. Esta medida destinada a beneficiar ós usuarios en situación de vulnerabilidade económica non será aplicada de forma inmediata. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel comprometeuse a aplicalas no vindeiro ano.

Outro dos temas tratados no pleno foi o incremento en 41.000 euros da contribución municipal ó transporte en autobús. O concello de Barbadás bonifica o 37% o billete xeral, nun 48% o dos pensionistas, nun 55% o dos estudantes e o 100% das persoas en risco de exclusión. Esta medida suporá un gasto para as arcas municipais de 141.000 euros en 2024.

Botón volver arriba