O concello de Barbadás lanza unha nova campaña de apoio ó comercio local impulsada pola concellería de Comercio.
O sector comercial ten unha gran relevancia no concello de Barbadás. Por este motivo, o concello desenvolve con frecuencia diversas iniciativas para fortalecer ó sector.
Barbadás lanza unha campaña de apoio ó comercio local
A iniciativa que puxo en marcha a concellería de comercio nos últimos días consiste no reparto de bolsas onde se fai referencia ó fomento do consumo no comercio local. Esta campaña súmase ás realizadas anteriormente no Nadal ou San Valentín, bonos comercio e actividades de formación.