O concello de Barbadás pon en alerta á Policía Local ante os últimos roubos que está a sufrir de forma continuada en diferentes lugares.
Os axentes da Policía Local de Barbadás prestarán unha vixilancia especial ás xardineiras que o concello ten instaladas.
Barbadás pon en alerta á Policía Local ante os últimos roubos
Nos últimos tempos, numerosas flores foron roubadas destas xardineiras que supoñen un importante custe para o concello. Uns 80 exemplares desapareceron dos lugares onde foron plantados e por ese motivo, a policía local prestará unha vixilancia especial.
Ó mesmo tempo, o concello recorda á cidadanía a importancia de preservar e coidar as infraestruturas públicas.