Eventos

Os farrumecos sairán o 8 de febreiro

Os farrumecos de Sobradelo sairán á rúa o próximo 8 de febreiro cun programa de actividades nas que contarán coa presenza doutras figuras destacadas do Entroido de Ourense.

Esta actividade organizada pola A. C. O Sobradelo do Tangaraño e o concello de Xunqueira de Ambía consistirá nun desfile, música e gastronomía.

Os farrumecos sairán o 8 de febreiro

O programa de actividades do Entroido dos Farrumecos é a seguinte:

12h – Desfile en Xunqueira de Ambía dos entroidos convidados:

  • Felos de Esgos
  • Bonitas de Sande
  • Pantallas de Xinzo
  • Peliqueiros e Parrafóns de Campobecerros
  • Actuación musical de Aturuxa Pandeiretas de Xunqueira

17h – Saída de Sobradelo

  • Entroidos convidados
  • percorrido pola aldea e visitas ás casas
  • animación con Perrito Piloto

20h – Cea Farrumecos

  • Menú: 13 euros
  • Inscrición ata o 3 de febreiro

22h- Concerto: O moro (Rubel Abel)

Os farrumecos sairán o 8 de febreiro

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.