Noticias

Barbadás presenta o Roteiro Carmen Martín Gaite en Piñor

O concello de Barbadás presenta o Roteiro Carmen Martín Gaite en San Lourenzo de Piñor para por en valor o vínculo da escritora coa localidade.

Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, tenente alcalde, e David González, escritor, foron os encargados de presentar esta iniciativa.

Barbadás presenta o Roteiro Carmen Martín Gaite en Piñor

O vínculo da gañadora do Premio Príncipe de Asturias das Letras coa localidade de San Lourenzo de Piñor levou ó concello a por en marcha esta proposta. Con ela, persegue converter a Piñor nun punto destacado da vida da escritora.

Foron moitos os veráns que Martín Gaite pasou en Piñor sendo nena. Precisamente, ó lado da casa que visitaba sendo nena atópase o Pazo de Lemos, lugar onde se realizou a presentación do roteiro.

Barbadás presenta o Roteiro Carmen Martín Gaite en Piñor
Foto: Concello de Barbadás

Xosé Carlos Valcárcel destacou o apoio do ministro de Cultura, Miquel Iceta, con este «proxecto transversal que non so afecta á cultura se non tamén ao patrimonio material e ao urbanismo e que ten un orzamento de máis de 1.300.000 euros».

«O pistoletazo de saída deste macroproxecto será en abril, co motivo do mes das letras galegas, e consistirá nunha andaina na que percorreremos por primeira vez esta ruta literaria, que é un dos obxectivos desde proxecto que hoxe presentamos», indicou Victoria Morenza.

Barbadás presenta o Roteiro Carmen Martín Gaite en Piñor
Foto: concello de Barbadás

Bancos literarios, o cilindro das letras ou o centro de interpretación que estará no campo de Roma son algúns dos elementos que compoñen este proxecto.

Botón volver arriba