Noticias

Barbadás únese ó reto da reciclaxe

O concello de Barbadás únese ó reto da reciclaxe ó adherirse á campaña da Xunta de Galicia e Ecoembes para fomentar o uso do contedor amarelo.

«Únete ao reto» e o nome da iniciativa que pretende fomentar entre a cidadanía a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks.

Barbadás únese ó reto da reciclaxe

Ata o 30 de xuño estará activa esta campaña que tamén se realiza en concellos como Celanova ou Xinzo de Limia. O reto que asumen estes concellos é o de incrementar nun 10% a porcentaxe de recuperación deste tipo de residuos.

1.500 euros é o premio para os concellos que acaden o obxectivo da campaña que contará con contedores xigantes e actividades de fomento da reciclaxe.

Barbadás únese ó reto da reciclaxe
Foto: concello de Barbadás

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.