A atleta Blanca Pereira logra a medalla de Ouro no Campionato Nacional Sub20 que se celebra na localidade de Castellón.
Ademais do éxito de Blanca Pereira, o Club Ourense Atletismo logrou situar a tres atletas nas finais das súas disciplinas.
Blanca Pereira logra un Ouro no Nacional Sub20
O Campionato de España Sub20 que se celebra en Castellón viu como a atleta ourensá, Blanca Pereira, lograba unha merecida medalla de Ouro cun lanzamento de 56,98 metros. Tamén realizaron unha gran participación Manuela Blanco, Leyla Villar e Hugo Fernández que se clasificaron para as finais das súas disciplinas.
Manuela Blanco logrou o quinto posto na final de pértega cunha marca de 3,80 metros, mesma altura que a atleta que logrou a cuarta posición.
Na proba dos 1.500 metros, Leyla Villar logrou a sexta posición. Esta clasificación chegou tras mellorar en dous segundos a súa mellor marca e situala en 4:37,48.
Hugo Fernández, representante do Club Ourense Atletismo, logrou a oitava posición en lanzamento de martelo. A marca coa que logrou esta posición foi de 52,34 metros.