Noticias

O BNG desmárcase da moción sobre Ucraína

O grupo municipal do BNG de Ourense desmárcase da moción que presentará o PP no pleno deste venres sobre a guerra na Ucraína.

«Quedou patente que o envío de material militar e o aumento do belicismo, ademais de engordar notablemente as contas de resultados de empresas armamentísticas, non só non solucionou o problema, senón que o agravou aínda máis».

O BNG desmárcase da moción sobre Ucraína

Esta xustificación é empregada polos membros do grupo municipal do BNG para non apoiar a declaración institucional proposta polo Partido Popular. «As solucións non pasan por mandar armas senón por aumentar os esforzos diplomáticos e comezar o antes posible unha desescalada que permita resolver o conflito e non fomentalo», indica Luis Seara.

O BNG desmárcase da moción sobre Ucraína

Inciden na negativa a apoiar calquera tipo de violencia e agresión e móstranse a favor da paz. «Non imos apoiar ningunha iniciativa de carácter belicista e contraria á paz, unha paz que no BNG sempre defendemos e seguiremos a defender».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.