Noticias

O BNG lamenta o peche do Centro de Interpretación das Burgas

O BNG de Ourense lamenta o peche do Centro de Interpretación das Burgas durante a Semana Santa por falta de persoal suficiente.

Nunha semana na que se agarda unha importante afluencia de visitantes na cidade, o Centro de Interpretación das Burgas estará pechado.

O BNG lamenta o peche do Centro de Interpretación das Burgas

Esta situación é denunciada polo grupo municipal do BNG. A concelleira Rhut Reza indica que «é inexplicable que o Centro e o Xardín colindante permaneza pechado durante toda esta semana, se a iso lle engadimos o estado no que se atopa a piscina termal das Burgas, pechada desde hai 3 anos, fai que a imaxe que ofrecemos e que se levan as e os que nos visitan sexa lamentable».

O BNG lamenta o peche do Centro de Interpretación das Burgas

Esta situación está motivada segundo Rhut Reza pola falta de interese polo termalismo, tanto do PP como de Democracia Ourensana como «teñen amosado ao longo dos case catro anos de mandato».

Botón volver arriba