O BNG presenta unha lista renovada en Barbadás nun acto que tivo lugar no parque da Solaina que contou coa presenza do Deputado Nestor Rego.
Sarín Núñez será o candidato do BNG no concello de Barbadás para as eleccións municipais de maio de 2023.
O BNG presenta unha lista renovada en Barbadás
No acto de presentación da candidatura, o candidato á alcaldía destacou que era unha lista realizada «ao longo dos últimos meses con continua interlocución social con diferentes colectivos do concello e co obxectivo de acadar unha lista na que todas as parroquias estean representadas e que toda a veciñanza se poida sentir identificada con ela».
Unha das características desta lista electoral é a renovación. «Estamos diante dunha renovación importante da candidatura da que tamén forman parte persoas con ampla experiencia para encarar os retos que temos por diante».
Entre as propostas do BNG para as eleccións municipais destacan:
- Reivindicación dun Centro de día,
- creación de piscinas climatizadas,
- segunda escola infantil.
Nestor Rego, deputado no Congreso, recordou que un goberno do BNG será importante para que «goberne para a maioría da poboación, a través de políticas transformadoras para mudar, en positivo a vida da xente».