Noticias

O BNG reafirma o seu apoio á UPO

O BNG de Ourense reafirma o seu apoio á UPO ó asinar o manifesto de apoio á mesma e garantir a recuperación deste programa formativo si logran acceder ó goberno municipal.

«Para nós a UPO é un dos proxectos estratéxicos e chave do noso programa. Fomos contrarios ao seu desmantelamento e apoiamos e apoiaremos todas as iniciativas que se leven a cabo desde a Plataforma para a súa reivindicación e permanencia», indica Luis Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense.

O BNG reafirma o seu apoio á UPO

Recuperar a actividade formativa da UPO forma parte das 20 medidas de goberno que o BNG presenta para as eleccións municipais do 28 de maio. «En canto teñamos responsabilidades de Goberno, restituiremos as actividades da UPO dobrando o seu orzamento actual, que é de 175.000 euros e iniciando os trámites precisos para dotala dunha sede fixa na zona histórica que lle permita desenvolver todas as súas actividades e todo o seu potencial mesmo aumentando a oferta formativa ao tempo que reforzaremos con máis persoal o Servizo encargado da súa xestión e organización».

O BNG reafirma o seu apoio á UPO
Foto: BNG de Ourense

Botón volver arriba