Noticias

O BNG solicita un paso soterrado en Peliquín

O BNG solicita un paso soterrado en Peliquín tanto para peóns como para vehículos que permita manter a conexión existente na actualidade.

No plan de ADIF figura eliminar o paso a nivel existente no barrio de Peliquín e substituílo por unha pasarela elevada para os peóns está a motivar o malestar dos veciños.

O BNG solicita un paso soterrado en Peliquín

Ante esta problemática, o deputado do BNG no congreso, Nestor Rego, acudiu ó lugar na compaña dos concelleiros da formación nacionalista en Ourense, Luis Seara e Rhut Reza.

Ante o posible «illamento das dúas marxes do barrio», Nestor Rego recordou que «esta problemática xa foi obxecto duna iniciativa no Congreso na que solicitábamos información sobre o proxecto e sobre os motivos polos que non se exploran as alternativas que propoñen as veciñas e veciños».

Os veciños solicitan a construción dun paso soterrado que permita manter o tráfico de vehículos e peóns. «Ímos reclamarlle ao ADIF que elabore un estudo e un anteproxecto no que se contemple a construción do paso soterrado e evitar deste xeito o illamento do barrio do resto da cidade e a construción de muros de ao redor de 5 metros de altura, algo que nos parece un disparate».

O BNG solicita un paso soterrado en Peliquín

Luis Seara, candidato á alcaldía e actual voceiro do BNG en Ourense, indica que «o concello non pode pórse de perfil, debe escoitar á veciñanza, e explorar todas as alternativas posibles co obxectivo de conquerir que a afectación do proxecto sobre o barrio e a veciñanza sexa a menor posible e sobre todo, que se garanta a permeabilidade, polo que solicitaremos que os técnicos municipais avalíen a proposta de soterramento».

Botón volver arriba