O BNG valora o reparto de competencias realizado por Gonzalo Pérez Jácome en Ourense onde quedan organizadas as áreas que xestionará cada concelleiro.
Unha das primeiras reflexións do grupo do BNG sobre esta nova organización municipal ten que ver coas competencias que terá o propio alcalde.
O BNG valora o reparto de competencias en Ourense
«Delega competencias nas Concelleiras e Concelleiros do seu Grupo máis atribúese a si mesmo aquelas materias que mobilizan un maior montante de recursos económicos do Orzamento e que teñen unha maior visibilidade diante da veciñanza», indica Luís Seara.
Tamén destaca o voceiro do BNG o feito de que Rafael Cachafeiro sexa o único concelleiro do grupo de goberno que non terá competencias delegadas. Por último, Seara indica a súa sorpresa pola asignación das competencias de Urbanismo, Vivenda e Patrimonio en Francisco Lorenzo. «Unha persoa baixo sospeita polas escoitas publicadas nas últimas semanas e nas que presuntamente é denominado como el conseguidor, referido ao cobro de mordidas en contratos de obra pública».