Deportes

Un bronce para despedirse da competición

Unha medalla de bronce foi o resultado obtido polo conxunto sénior do Ximnasia Pavillón na súa despedida da competición de ximnasia estética.

O Campionato celebrado en Ourense comezou cun minuto de silencio polo pasamento de Pablo Hinojar Rey, seleccionador nacional de ximnasia acrobática, doble minitramp e tumbling e adestrador do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Un bronce para despedirse da competición

O Polideportivo de Oira acolleu esta fin de semana a máis de 200 ximnastas que competiron en Ourense na III Fase da Copa Federación de Ximnasia Estética.

Con sete conxuntos galegos participantes, o conxunto sénior do Club Ximnasia Pavillón foi o único que representaba á provincia de Ourense.

Un bronce para despedirse da competición

O conxunto formado por Carmen, Xiana, Valentina, Candela e Kelly, logrou unha valiosa medalla na que sería a súa última competición deportiva. As ximnastas adestradas por Raquel Dafonte escriben con esta medalla de bronce as súas últimas liñas na competición.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.