Noticias

Candidatura completa do BNG en Ourense

Xa coñecemos a candidatura completa do BNG no concello de Ourense para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio de 2023.

Tras anunciar en primeiro lugar a candidatura de Luis Seara á alcaldía e posteriormente ás persoas que ocuparán os primeiros postos, o BNG presenta o listado completo das 27 persoas que integran a lista electoral.

Candidatura completa do BNG en Ourense

Foi durante a Asemblea local celebrada onte cando se deron a coñecer os nomes dos demais integrantes do listado para ser ratificado polos militantes. «É un privilexio encabezar unha lista con persoas con ilusión, con amor por Ourense, que dan un paso adiante e deciden comprometerse nun proceso transformador que mellore a calidade de vida das persoas, un grupo plural, aberto e cohesionado, que responde ás necesidades de Ourense e é garantía de futuro», indica Luis Seara.

A lista electoral do BNG en Ourense ten persoas que representan os diferentes barrios da cidade e o perímetro rural. Esta candidatura conta con persoas de diversos ámbitos como o deportivo, social, educativo, cultural ou asociativo.

Algún dos membros que integra esta lista formou parte no pasado doutras listas electorais. «Integramos a persoas que no pasado foron referenciais a nivel político porque estamos convencidos que coa súa incorporación mandamos a mensaxe a ese electorado que ficou orfo, máis tamén ao resto da sociedade. O BNG é a casa común do nacionalismo e ten as portas abertas a todas aquelas persoas que poñen por diante os intereses de Galiza e de Ourense».

Candidatura completa do BNG en Ourense
Foto: BNG de Ourense

Por último, Luis Seara destaca que forman «un gran equipo co que aspiramos a liderar ese Goberno. Desde a humildade, pero con toda a ambición, porque temos un proxecto de futuro, capaz de abrir un tempo novo para Ourense».

Candidatura completa do BNG en Ourense

  1. XOSÉ LUÍS SEARA FERNÁNDEZ – Portavoz municipal do BNG no Concello de Ourense. Veciño do Xardín do Posío.
  2. RHUT MARINA REZA ÁLVAREZ – Concelleira do BNG no Concello de Ourense. Veciña da zona histórica.
  3. XOSÉ MANUEL PUGA GONZÁLEZ – Xestor de fondos europeos. Veciño da Carballeira.
  4. EREA BLANCO GALLEGO – Galiza Nova. Filóloga. Veciña da Ponte.
  5. XOSÉ DIZ ROMAY – Funcionario. Veciño de Mariñamansa.
  6. SONIA ALBOR GÓMEZ – Traballadora do Concello de Ourense. Activista social. Veciña de Vistafermosa.
  7. XOSÉ CARBALLIDO PRESAS – Enxeñeiro técnico da Xunta. Pte. Asoc. Veciñas San Breixo. Veciño de Seixalbo.
  8. NATE PAZOS BORRAJO – Poeta e ensinante. Veciña do Polvorín.
  9. DIEGO CARLOS VÁZQUEZ NOGUEIRA “CIGALA” – Músico. Educador social. Veciño de As Lagoas.
  10. LIDIA GÓMEZ CARDERO – Ensinante. Veciña de Barrocás.
  11. XABIER FERNÁNDEZ DAVILA – Traballador da banca. Veciño da Zona Centro.
  12. CHELO LÓPEZ CARIDE – Traballadora da ORA. Vicepresidenta da U.D. Ourense. Veciña de Rabo de Galo.
  13. ANXO VARELA PÉREZ «PRUDEN» – Artista. Tatuador. Veciño do Couto.
  14. VENECIA GUZMÁN CASTILLO – Autónoma. Veciña da Avda de Zamora.
  15. MARCOS FERRADAS GARCÍA – Traballador do servizo do transporte urbano. Veciño do Couto.
  16. IRIA ALDOMAR DOSOUTO – Ensinante. Veciña do Vinteún.
  17. HADRIÁN ALONSO ÁLVAREZ – Estudante. Veciño de San Francisco.
  18. XELA FERNÁNDEZ VELOSO – Plataforma xubiladas da CIG. Veciña da Avda de Zamora.
  19. MANUEL CARNICERO MÉNDEZ AGUIRRE, «QUENI» – Avogado. Mesa pola Normalización Lingüística. Veciño da zona histórica.
  20. MONTSE NÓVOA GÓMEZ – Activista social. Veciña de Seixalbo.
  21. XOSÉ FERNÁNDEZ BALTAR – Politólogo. Veciño de Palmés.
  22. OLAIA CONDE SEOANE – Educadora Social. Veciña de Rairo.
  23. JUAN CARLOS SABUZ ÁLVAREZ – Mestre. Veciño da Carballeira.
  24. ILDA BLANCO GONZÁLEZ – Ensinante. Veciña de As Lagoas.
  25. DAVID RODRÍGUEZ ÁLVAREZ – Funcionario Admon. Xeral. Delegado sindical da CIG. Veciño da zona Centro.
  26. MARTIÑO XOSÉ VÁZQUEZ MATO – Arqueólogo. Veciño de Cudeiro.
  27. NOA PRESAS BERGANTIÑOS – Ensinante e Deputada no Parlamento de Galiza. Veciña da zona histórica.

Botón volver arriba