Eventos

Carme López presenta «Quintela» en Ourense

A intérprete Carme López presenta o seu primeiro traballo «Quintela» na Galería Dodo Dada de Ourense este venres a partir das 20h.

Este traballo, creado con base na música tradicional, incorpora elementos innovadores para dar lugar a «unha experiencia musical sen precedentes».

A Galería Dodo Dada, situada na rúa Liberdade, acolle este venres, 31 de maio, a presentación deste traballo musical. O nome do álbum ten o seu orixe na casa familiar e nas relacións persoais que alí sucedían.

Carme López presenta "Quintela" en Ourense

A gaita, instrumento principal deste traballo está combinado cun traballo de improvisación e a experimentación que xurde da inspiración de compositoras como Pauline Oliveros ou Éliane Radique.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.