Deportes

Catro conxuntos do Ximnasia Pavillón irán á Copa de España

Catro conxuntos do Club Ximnasia Pavillón irán á I Fase da Copa de España de conxuntos absolutos e base.

O Pavillón dos Remedios acolleu durante os días 18 e 19 de marzo os controis para lograr a clasificación para a I Fase da Copa de España. Esta primeira fase da Copa de España terá lugar en Santander.

Catro conxuntos do Ximnasia Pavillón irán á Copa de España

Na primeira xornada participaron os conxuntos absolutos. É de destacar que dos seis conxuntos participantes de toda Galicia, tres eran do Ximnasia Pavillón. A pesar de realizar un bo exercicio, o conxunto júnior formado por Mariña, Laura, Candela, Noa e Claudia acumulou algúns erros que non permitiron a súa clasificación. Si o lograron o outro conxunto júnior formado por Martina, Maya, Xisela, Sheila, Grettel e Daniela e o Alevín formado por Claudia, Alma, Carla, Lara, Bianca e Olga cun excelente exercicio de pelota.

Catro conxuntos do Ximnasia Pavillón irán á Copa de España
Conxuntos de nivel Absoluto. Foto: Club Ximnasia Pavillón

Os conxuntos base entraban en acción na xornada do domingo. O Club Ximnasia Pavillón presentaba dous conxuntos (infantil e cadete) que tamén buscaban a clasificación para a competición de Santander a finais de abril.

Ambos conxuntos lograrían a clasificación tras realizar excelentes exercicios. O conxunto infantil, formado por Daniela, Mónica, Laura, Nicole, Noa e Lara realizou un exercicio de aros co que acadaría a segunda praza. Un cuarto posto que tamén lle outorgaba a clasificación foi o resultado obtido polo conxunto cadete que formaban Sabela, Martina, Aroa, Alejandra, Lucía e Noa.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba