Catro conxuntos do Club Ximnasia Pavillón competiron en Santander na I Fase Copa Conxuntos Absolutos e a Copa Base Conxuntos.
As ximnastas do Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón competiron en Santander entre os días 16 e 19 de maio.
Catro conxuntos do Ximnasia Pavillón competiron en Santander
En ambas competicións, os conxuntos do Ximnasia Pavillón lograron o principal obxectivo de continuar acumulando experiencia para mellorar nas distintas clasificacións.
Na categoría absoluta, os dous conxuntos do Ximnasia Pavillón que competiron en Santander foron o infantil e o junior. Non puido facelo a pesar de obter a clasificación o equipo sénior pola baixa dunha das compoñentes.

I Fase Copa Conxuntos Absolutos
- Conxunto infantil – 11ª posición
(Alma, Claudia, Lara, Carla, Bianca e Olga) - Conxunto junior – 15ª posición
(Martina, Xisela, Maya, Daniela, Gretel e Sheila)
Estes conxuntos competirán o 25 de maio na II Fase de Copa Conxuntos que se celebrará na cidade de Ourense.
Copa Conxuntos Base
- Conxunto Cadete – 36ª posición
(Noa, Nicole, Laura, Lara, Mónica e Daniela) - Conxunto alevín –
(Valeria R, Valeria V, Area, Mía, Martina, Alicia e Mara)