Eventos

«Chegou o outono» a Barbadás

«Chegou o outono» é unha actividade que a Biblioteca Municipal de Barbadás programa para este xoves, 28 de outubro, nas instalacións da Casa da Cultura.

Segue adiante a actividade da Biblioteca Municipal de Barbadás. A proposta que nos presentan para esta semana consiste nun evento dirixido a nenos e nenas de 4 a 10 anos. Os asistentes participarán nun Obradoiro no que poderán experimentar o Outono.

«Chegou o outono» a Barbadás

Esta actividade, agudizará os sentidos dos cativos a través de poemas, información, actividades sensoriais e manualidades para que poidan «sentir» o outono. O xoves 28 de outubro e organizada desde a Concellería de Cultura, esta actividade dará comezo ás 18h.

"Chegou o outono" a Barbadás

A inscrición realizarase mediante o correo electrónico biblioteca @barbadas.es. Existe un límite de prazas que se cubrirán cos nenos e nenas de 4 a 10 anos que envíen a solicitude. No correo electrónico deberán reflectir o nome, idade e teléfono de contacto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba