Deportes

Choiva de medallas para o Ximnasia Pavillón en Pontevedra

O Pavillón Municipal de Pontevedra acolleu esta fin de semana o Campionato Galego de Trampolín, unha cita onde os e as ximnastas pavillonistas das categorías Base, Escolar e Elite brillaron con luz propia.

A delegación ourensá asinou unha actuación histórica que demostra que o esforzo, a constancia e a pasión polo deporte teñen recompensa. En total, o equipo regresou a Ourense cun impresionante botín de 98 podios.

Choiva de medallas para o Ximnasia Pavillón en Pontevedra

O balance xeral inclúe 32 primeiros postos, 28 segundos e 9 terceiros, sumando un total de 79 medallas individuais. A colleita completouse con 12 podios por equipos e 7 en sincronismo, deixando clara a hexemonía do club nas distintas modalidades de DMT (Dobre Minitramp) e Trampolín.

Choiva de medallas para o Ximnasia Pavillón en Pontevedra
Foto: Ximnasia Pavillón

Resultados destacados en categoría Elite

A categoría Elite deixou grandes campións e un dominio absoluto en varias idades:

  • Categoría Alevín e Infantil: Aleix Galán fixo dobrete de ouro (DMT e Trampolín), mentres que Fabio González logrou o mesmo fito en categoría infantil. Pola súa banda, María González acadou o primeiro posto en Trampolín e o segundo en DMT, onde Lois Rodríguez e Iria Monteagudo tamén subiron ao podio de prata e bronce respectivamente.
  • Prejunior e Junior: Daniela Rodríguez liderou a categoría prejunior con dous ouros, mentres Breixo Miranda logrou un ouro en DMT e prata en Trampolín. En Junior, Iván Pacios e Uxía Blanco Cidón proclamáronse campións en Trampolín, e Mario Monteagudo fixo o propio en DMT.
  • Presenior e Senior: Pedro Castaño (Presenior) e Lucas Domuro (Senior) asinaron un campionato perfecto con ouros en ambas as disciplinas. Marta Rodríguez tamén subiu ao máis alto do podio en Trampolín presenior.

Nas probas de Sincronismo, as parellas formadas por María González-Iria Monteagudo (Infantil), Daniela Rodríguez-Uxía Blanco (Junior) e Claudia Blanco-Marta Rodríguez (Senior) coroáronse campioas galegas. Por Equipos, o club ourensán alzouse co ouro no Absoluto DMT feminino, Absoluto DMT masculino e Sub 15 DMT feminino.

Grandes alegrías tamén en categoría Base

A canteira de nivel Base confirmou o excelente traballo de formación do club con resultados moi destacados:

  • Marco Echevarría tivo unha actuación maxistral na categoría Infantil, proclamándose campión en DMT e Trampolín.
  • Nesa mesma categoría, Izan Calviño logrou dous subcampionatos (prata en ambas modalidades) e Xoel López sumou un bronce en DMT.
  • Julia Formoso (Alevín) logrou a prata en DMT e o bronce en Trampolín, mentres que Noa Rodríguez (Xuvenil) pechou a participación individual cun bronce en DMT e unha prata en Trampolín.

A nivel colectivo, a categoría Base sumou dous novos éxitos logrando o Bronce por equipos en DMT e a Plata por equipos en TRA (Trampolín).

Botón volver arriba