Deportes

O Club Athlos brilla no GALICIA TOP TTR N7 SUB15/19 celebrado en Tui

O Club Athlos de Ourense protagonizou unha xornada chea de éxitos no GALICIA TOP TTR N7 SUB15/19, disputado este sábado 2 de maio de 2025 en Tui (Pontevedra).

Daniel Álvarez e Paula Casas lideran unha actuación destacada da canteira ourensá.

O Club Athlos brilla no GALICIA TOP TTR N7 SUB15/19 celebrado en Tui

A expedición do club ourensán colleitou unha morea de medallas nas distintas categorías, confirmando o bo momento da súa canteira.

Representando ao Athlos competiron os xogadores sub15 Tayri Fernández, Leah Freire, Daniela Fernández, Antón González, Daniel Álvarez, Ye Yao e Ibai Baltar, e os sub19 Beatriz López, Lucía Cid, Paula Casas, Martina Llamas, Ana Otero e Gael Rodríguez, todos eles dirixidos pola adestradora Laura Valverde.

Destacaron especialmente:

  • 🥇Daniel Álvarez, ouro no individual masculino sub15 e prata nos dobres mixtos sub15 con Carlota Balboa (CB As Neves).
  • 🥇Paula Casas, ouro en dobres femininos sub19 con Lucía Cid e en dobres mixtos con Pablo Alfaya (Escola Rosalía).
  • 🥈Antón González, prata no individual masculino sub15 e bronce nos dobres mixtos con Alexia Pérez (Bádminton Tui).
  • 🥈Beatriz López, prata en dobres femininos con Martina Llamas e en mixtos con Gael Rodríguez.
  • 🥉Ibai Baltar e Ye Yao, bronce nos dobres masculinos sub15.
  • 🥉Tayri Fernández, bronce en dobres femininos con Leire Lago (CB Caselas).
O Club Athlos brilla no GALICIA TOP TTR N7 SUB15/19 celebrado en Tui

O Club Athlos consolídase así como un dos grandes referentes do bádminton galego grazas ao traballo formativo e o compromiso dos seus deportistas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.