Noticias

A biblioteca universitaria Rosalía de Castro abre a inscrición para o seu club de lectura

A Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro de Ourense abre en setembro o prazo de inscrición para o club de lectura do curso 2026-2027, unha actividade aberta a toda a cidadanía e non só á comunidade universitaria.

O club reúne os seus participantes unha vez ao mes, o último mércores, ás 18:00 horas, nun encontro no que os libros comparten protagonismo coa conversa e unha pequena merenda.

A biblioteca universitaria Rosalía de Castro abre a inscrición para o seu club de lectura

A actividade alterna dúas modalidades de lectura. Un mes, todas as persoas participantes len o mesmo libro para posteriormente comentalo na reunión. Ao mes seguinte, proponse unha temática, e cada integrante escolle un libro relacionado para compartilo e recomendalo —ou non— co resto do grupo.

A biblioteca universitaria Rosalía de Castro abre a inscrición para o seu club de lectura

Desde o club destacan que non é necesario ser un gran lector nin estudante universitario para participar. O obxectivo é crear un espazo de encontro arredor da literatura e transformar unha actividade habitualmente individual nunha oportunidade para coñecer outras persoas e compartir opinións sobre libros.

As persoas interesadas poden inscribirse no mostrador da Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro ou contactar directamente a través da conta de Instagram @clubdelectura_uvigo.

Botón volver arriba