Deportes

O Club Pavillón logra varias clasificacións para o Nacional

O Club Ximnasia Pavillón logra varias clasificacións para o Nacional grazas ó bo rendemento que os seus ximnastas ofreceron durante a fase de clasificación.

A celebración do Campionato Galego Individual, Equipos e Control Copa Conxuntos 2ª Fase permitiu que varios ximnastas do Club Pavillón lograran a clasificación para os distintos campionatos nacionais que terán lugar no mes de xuño e xullo.

O Club Pavillón logra varias clasificacións para o Nacional

Os conxuntos alevín e júnior do Ximnasia Pavillón lograron as prazas que lles permitirán representar a Galicia no Nacional que se celebrará no Pazo dos Deportes Paco Paz o 9 de xullo. O conxunto alevín, formado por Claudia, Alma, Olga, Lara, Carla e Bianca, ofreceu un excelente rendemento. Tamén mostrou un gran nivel o conxunto júnior formado por Candela, Laura, Claudia, Mariña e Noa.

O Club Pavillón logra varias clasificacións para o Nacional

Tamén se disputará en Ourense entre os días 6 e 8 de xullo o Campionato Nacional Individual Clubs. Na fase disputada esta fin de semana, o equipo alevín formado por Alma, Olga e Carla logrou un merecido 1º posto. Cun gran rendemento e a só 15 centésimas do 1º posto quedou o outro equipo alevín que formaron Lara, Claudia e Bianca.

O Club Pavillón logra varias clasificacións para o Nacional

Un dos momentos máis especiais da competición foi cando se disputou o individual masculino. Os ximnastas do Club Pavillón, coñecidos como «Valientes», puxo en pé á grada coa súa actuación. José Vázquez Gómez e Patrick Célis López lograron o 1º e 2º posto na categoría infantil.

Na categoría júnior, Eduardo Rodríguez logrou o 4º posto nos tres aparatos nos que competiu e tamén conseguía a clasificación para o Nacional. O público soubo recoñecer o esforzo e a coraxe de Eduardo que lle permitirá estar con José e Patrick competindo a nival nacional durante os días 21 a 26 de xuño en Santander.

O Club Pavillón logra varias clasificacións para o Nacional

Botón volver arriba