O Club Ximnasia Pavillón Ourense regresou con excelentes resultados do Campionato Nacional Base de Trampolín, celebrado os días 3 e 4 de xuño en Valladolid.
Este competición forma parte do Campionato de España Divina Seguros e Nacional Base de Trampolín, unha das citas máis destacadas do calendario estatal desta disciplina.
O Club Ximnasia Pavillón suma títulos e podios no Nacional Base de Trampolín
A entidade ourensá participou na competición con seis ximnastas, que lograron varias medallas e postos destacados nas súas respectivas categorías.

Na categoría Infantil Base Masculina, Marco Echevarría Carreiro proclamouse campión tanto en Trampolín (TR) como en Dobre Mini Tramp (DMT), asinando unha actuación sobresaliente. Pola súa banda, Izan Calviño García conseguiu a medalla de bronce en Trampolín, mentres que Xoel Barcia da Costa rematou na quinta posición.
Na categoría Xuvenil Base Feminina, Noa Rodríguez Enríquez acadou o subcampionato en Trampolín. As irmás Julia Formoso Fernández e Adriana Formoso Fernández finalizaron na undécima e duodécima posición, respectivamente, na modalidade de Dobre Mini Tramp.
Mentres tanto, o Campionato de España continúa entre os días 5 e 7 de xuño. Na xornada deste venres desprazáronse a Valladolid os 23 saltadores e saltadoras da categoría elite do Club Ximnasia Pavillón, que realizaron os primeiros adestramentos de contacto coa instalación e cos aparellos de competición antes do inicio das probas.

