O Club Ximnasia Pavillón remata con éxito a Copa Deputación nas modalidades de Rítmica e Trampolín coa consecución de numerosas medallas.
Unha das últimas competicións antes do verán deixou un gran sabor de boca ós máis dun centenar de ximnastas do Club Pavillón e a Escola Pavillón que competiron e obtiveron grandes resultados.
O Club Ximnasia remata con éxito a Copa Deputación
Na modalidade de ximnasia rítmica participaron na última fase da Copa Deputación as Escolas Deportivas de Barbadás, Xinzo de Limia, Maceda, Celanova, Club Marusia, C.D. Rítmica Verín, Club Deportivo Miraflores, Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia Escola Pavillón.
Por parte dos clubs pavillón, os once participantes na modalidade individual lograron nove medallas das que tres foron ouros. Tamén obtiveron nove medallas os 13 participantes na modalidade de conxuntos dos clubs Pavillón.
Medallas en rítmica individual
3 medallas de Ouro
- Carla Camino Méndez – prebenxamín
- Olivia Currás Conde – benxamín
- Alexandra González López – infantil
5 medallas de Prata
- Iniciación, prebenxamín, alevín, infantil e sénior.
1 medallas de Bronce
- Alevín.
Medallas en conxuntos

5 medallas de Ouro
- Iniciación, prebenxamín, benxamín, infantil e cadete.
3 medallas de Prata
- Alevín, infantil e sénior.
1 medallas de Bronce
- Sénior.
Copa Deputación de Trampolín
Na modalidade de Trampolín participaron as Escolas deportivas de Barbadás, o Club Bugas, Club Ximnasia Pavillón Ourense e a Escola Pavillón.

21 medallas foi o resultado que acadaron os deportistas dos clubes Pavillón con seis medallas de ouro, sete medallas de prata e oito medallas de bronce.
6 medallas de Ouro
- Xan del Prete – benxamín tumbling
- Izan Calviño – alevín minitramp
- Marco Echeverría – infantil tumbling
- Alexandre González – cadete tumbling
- Eva Miranda xuvenil minitramp
- Daniel Rodríguez – xuvenil minitramp
7 medallas de Prata
- Xan del Prete – benxamín minitramp
- Yanett Fariñas – alevín minitramp
- Xoel Barcia Da Costa – alevín minitramp
- Laura Fernández – infantil tumbling
- Alexandre González – cadete minitramp
- Uxía Miranda – absoluta minitramp
- Uxía Miranda – absoluta tumbling
8 medallas de Bronce
- Xabi Carballo – benxamín minitramp
- Xabi Carballo – benxamín tumbling
- Julia Formoso – alevín minitramp
- Izan Calviño – alevín tumbling
- Mauro Pereira – alevín tumbling
- Anxo Vázquez – alevín tumbling
- Laura Fernández – infantil minitramp
- Alba Fernández – cadete minitramp