O vindeiro sábado 24 de maio, ás 12 do mediodía, o Espazo OZOCOgz do Carballiño acollerá a presentación do conto Que enleada coa piada, da autora Rita Doallo.
Trátase dunha actividade pensada para crianzas a partir dos 3 anos, que combina narración oral e interacción lúdica co público infantil.
Rita Doallo presenta Que enleada coa piada no Carballiño
A obra, escrita e interpretada por Doallo, propón unha divertida aventura chea de imaxinación, palabras enredadas e moito ritmo, convidando aos máis pequenos a mergullarse no pracer de escoitar contos en galego.

Este evento forma parte do compromiso do Espazo OZOCOgz coa promoción da literatura infantil galega e co fomento da lectura desde as primeiras idades. A entrada é libre ata completar aforo.