Os conxuntos do Ximnasia Pavillón compiten cos mellores clubs de España no Campionato Nacional que se celebrou en Zaragoza.
Foron seis conxuntos os que formaron a representación do Club Ximnasia Pavillón nunha das citas máis relevantes da ximnasia rítmica en España.
Os conxuntos do Ximnasia Pavillón compiten cos mellores no Nacional
Tres conxuntos base e tres de categoría absoluta mostraron a súa mellor cara nesta competición. Os conxuntos do Ximnasia Pavillón que competían no Nacional Base non lograron unha boa clasificación a pesares de realizar boas execucións nos seus exercicios.
O conxunto cadete logrou o posto setenta e nove, o xuvenil o cento oito e o alevín o sesenta e cinco. Con esta competición, os tres conxuntos dan por rematada a tempada 2024 de ximnasia rítmica.
Na Copa de España de Conxuntos Absolutos tamén participaron tres conxuntos do Ximnasia Pavillón. Pequenos detalles durante a realización dos exercicios penalizaron ós tres conxuntos que aínda así, lograron unha boa clasificación.
O conxunto infantil logrou o posto décimo cuarto posto, o júnior o décimo sétimo e o sénior o décimo sexto. A próxima cita destes conxuntos e coa que pecharán esta tempada será o Nacional Absoluto que se celebrará no mes de decembro en Pamplona.