Noticias

Critican o uso partidista de recursos públicos de Jácome

Os concelleiros do BNG no concello de Ourense critican o uso partidista e electoralista de recursos públicos que fai o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

A data do 4 de abril está marcada no calendario de todos os políticos pois é o día a partir do que se prohibe facer inauguracións ou anuncios ante as eleccións do mes de maio.

Critican o uso partidista de recursos públicos de Jácome

Destacan desde o BNG que Pérez Jácome criticou as prácticas que se realizaban no pasado e o uso partidista e agora fai exactamente o mesmo. O detonante desta queixa foi a presentación dun dos autobuses eléctricos que renovarán a flota actual.

O anuncio de proxectos de difícil realización e o gasto continuado e inxente de recursos públicos en propaganda forman parte do proceder da alcaldía.

Critican o uso partidista de recursos públicos de Jácome

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.