Daniel Caneiro Villarino será o candidato á alcaldía de Riós nas eleccións municipais que terán lugar no mes de maio de 2023.
Tras un presentarse por primeira vez nas eleccións de 2019, Daniel Caneiro repite como cabeza de lista do PSdeG-PSOE no concello de Riós.
Daniel Caneiro será o candidato á alcaldía de Riós
O candidato preséntase cun obxectivo claro, «desbancar ao actual equipo de goberno que leva 30 anos mal gobernando o noso concello, e que nos últimos 4 conseguiron o récord absoluto, que foi levar as arcas municipais a absoluta ruína».
É precisamente a situación económica a que máis preocupa a Daniel Caneiro que sinala a problemática para os próximos anos. «Estaremos sometidos a un plan de saneamento, o que lle suporá o concello unha serie de problemas e que vén motivado pola pésima xestión e administración do equipo de goberno».
Tamén fixa como obxectivos para os próximos anos, «explotar e sacarlle partido os nosos recursos, como son a castaña, as setas ou o mel e apostar pola Denominación de Orixe Monterrei».