Sae a debate o estado da rúa Outeiriño de Sobrado do Bispo que estará presente no pleno municipal de Barbadás a iniciativa do BNG.
«Desde que se acometeu a obra de ampliación da rede de saneamento nesta rúa pola empresa Camiños de Ourense, o firme da mesma ten repisado en moitos lugares, facendo que nalgúns treitos da mesma, a circulación dos vehículos se efectivice con moitas limitacións no tocante á seguranza viaria», indica Sarín Núñez, voceiro nacionalista en Barbadás.
A debate o estado da rúa Outeiriño de Sobrado do Bispo
Segundo o BNG, o estado desta vía ven provocado por unha mala praxe da empresa que realizou os traballos e polo tránsito de camións de gran tonelaxe. «Descoñecemos se os motivos finais, que inciden nesta situación, son unicamente pola mala praxe no tocante ás tarefas que tiña que desenvolver a empresa, ou se pola contra, tamén ten que ver co tránsito que efectúan por esta rúa, camións de grande tonelaxe cara Moreiras».
Esta situación leva a «certo malestar entre a veciñanza de Sobrado polo estado no que se encontra o firme da rúa Outeiño» e o seu debate no pleno municipal.