Ya está abierto el plazo de inscripción para participar en el desfile de carnaval de Barbadás. Desde el 27 de enero hasta el 21 de Febrero todos los interesados podrán anotarse en la Casa de Cultura, por correo electrónico o por teléfono.
A continuación os presentamos las bases del desfile de Carnaval de Barbadás que un año más, llenará las calles de A Valenzá de música y disfraces. La cita será el martes 25 de Febrero en A Valenzá (Barbadás).
Bases del desfile de carnaval 2020
(Bases del desfile en gallego)
Artigo 1. Destinatarios
Poderán participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc…) que presenten a solicitude no prazo establecido.
Artigo 2. Lugar e prazo de inscrición
O prazo de inscrición para participar no desfile do Martes de Entroido 2020 será dende o día 27 de Xaneiro ao 21 de Febreiro de 2020, ambos incluídos. As solicitudes estarán dispoñibles na Casa da Cultura e na páxina web www.barbadas(.)gal. A inscrición realizarase na Casa da Cultura, a través de correo electrónico (casacultura(@)barbadas.es) ou por teléfono: 988 246885.
Artigo 3. Normas de participación
O desfile terá lugar o martes, día 25 de febreiro ás 17 horas e o seu percorrido será a Avenida de Celanova. Os participantes deberán estar ese día ás 16 horas na rúa dos Carrís.
A cada grupo ou persoa inscrita adxudicaráselle un número coa orde de participación no desfile. Todos os vehículos que participen no desfile deberán ter en vigor a póliza de seguro obrigatorio de circulación.
Os/as participantes dentro da categoría infantil deberán ir acompañados/as dunha persoa adulta, que será o seu representante e responsable durante o desfile. Os/as participantes deberán inscribirse nunha única categoría.
Os participantes no desfile comprométense a responsabilizarse dos actos ou accións que se produzan durante o mesmo, eximindo ao Concello de Barbadás de calquera responsabilidade.
Queda prohibido o uso de petardos ou lanzamento de obxectos perigosos ao público, quedando excluídos do desfile.
Artigo 4. Categorías
Establecense as seguintes categorías:
Xerais:
- Carrozas: mínimo 10 persoas.
- Comparsas: mínimo 10 persoas.
- Parellas/Tríos
- Individuais
Infantís:(ata 12anos e un máximo de 8 nenos e nenas)
- 0 a 5 anos
- 6 a 9 anos
- 10 a 12 anos
Artigo 5. Premios
Establécense os seguintes premios por categorías:
Xerais:
Carrozas:
- 1º premio 900 €,
- 2º premio 700 €;
- 3º premio 500 €.
Comparsas:
- 1º premio 900 €,
- 2º premio 700 €,
- 3º premio 500 €.
Parellas/Tríos:
- 1º premio 300 €,
- 2º premio 150 €,
- 3º premio 100 €.
Individuais:
- 1º premio 200 €.
Categorías Especiais:(Carrozas ou Comparsas non premiadas)
- Especial deseño: 200 €.
- Especial animación: 200 €
- Máis numerosa: 200 €
Infantís:
Recibirán un único premio por cada categoría consistente nun bono regalo,por valor de 200€, para mercar en librerías e xogueterías do Concello, o bono regalo caducará o 30 de setembro de 2020.
O pago dos premios realizarase mediante transferencia bancaria, presentando se é o caso, certificación da exención do IVE. Nos demais casos, as compensacións económicas estarán suxeitas ás retencións que correspondan en función da normativa fiscal.
Artigo 6. Xurado
O concurso terá un xurado composto por cinco persoas, dúas en representación do Concello, estas con voz pero sen voto. Estará presidido pola Concelleira de Cultura e actuará como secretario o coordinador de actividades culturais. O xurado terá en conta á hora de valorar os participantes principalmente calidades que respondan ao espírito do entroido (a graza, a empatía co público, a sátira, a transgresión), a animación musical, a creatividade e a elaboración do vestiario e do resto do atrezzo.
Artigo 7. Axudas a asociacións
As asociacións que participen no Desfile do Martes de Entroido 2020 compostas por 10 ou máis integrantes e se atopen debidamente inscritas, a data 31/12/2019, no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás, recibirán unha axuda de 100 €.