Noticias

Escolares de Ourense acheganse ás librarías polo seu día

O alumnado de Infantil e Primaria do colexio Manuel Sueiro visitou varias librarías de Ourense con motivo da celebración do Día das Librarías, que terá lugar mañá.

A iniciativa, organizada pola Concellería de Educación e a Agrupación Provincial de Libreiros, comezou cunha sesión de animación á lectura nas Galerías Viacambre. Despois, os escolares percorreron cinco establecementos participantes: Garce, Tanco, Eixo, Maelka e Nobel.

Escolares de Ourense acheganse ás librarías polo seu día

A actividade busca achegar os máis pequenos ao mundo dos libros e dar a coñecer as librarías como espazos culturais e puntos de encontro da veciñanza.

Escolares de Ourense acheganse ás librarías polo seu día
Foto: Concello de Ourense.

Baixo o lema «Entra na libraría, asómate á cultura», os establecementos ourensáns ofrecerán mañá un desconto do 5 % nos libros para celebrar esta xornada.

Botón volver arriba