A Celebración do Día da Muller na ciencia tivo unha intensa programación de actividades no CEIP Plurilingüe Conde de Fenosa do Barco de Valdeorras.
O alumnado deste centro educativo realizou varias actividades coas que puideron coñecer o traballo de varias mulleres científicas.
Día da Muller na Ciencia no Conde de Fenosa
A exposición realizada polo alumnado do Conde de Fenosa recollía a varias mulleres científicas que tiveron unha importante pegada na historia. Este traballo de investigación do alumnado permitiu realizar unha publicación dixital que recollía o contido da exposición.
Durante o día tamén se levou a cabo un programa de radio e experimentos científicos no que colaboraron as familias. O alumnado do Conde de Fenosa demostrou os seus coñecementos nas áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas.