Eventos

Diagnóstico Poético chega ó Carballiño

O libro «Diagnóstico Poético» chega ó Carballiño da man da súa autora, Rochi Nóvoa, para mostrar o seu contido nas instalacións de OZOCOGz.

A escritora Rochi Nóvoa continúa achegando a súa última creación ós veciños e veciñas de diferentes localidades de Ourense.

Diagnóstico Poético chega ó Carballiño

Nesta ocasión, os afeccionados á poesía teñen unha cita o sábado 28 de outubro, ás 12h, no local de OZOCOgz para coñecer da man da autora o libro «Diagnóstico Poético». Esta obra mostra a destreza da autora para combinar o dominio da linguaxe mentres realiza un percorrido polas emocións que mostra en cada verso.

Esta creación literaria conta ademais cun contido especial que permitirá a cada lector explorar as súas capacidades poéticas.

Diagnóstico Poético chega ó Carballiño

Poema incluído en «Diagnóstico Poético».
“Cantas veces camiñaches co máximo sixilo
totalmente camuflada
e aína así
cando te quixeches decatar
desaparecera a primavera?”

Botón volver arriba