Noticias

Dun afiador de Luíntra a un disco de Miles Davis

A viaxe que vamos a contar lévanos dun afiador de Luíntra, José María Rodríguez, a un disco de Miles Davis, un dos músicos máis relevantes do Jazz no século XX.

Alan Lomax, folclorista norteamericano, gravou no ano 1952 o son producido polo chifro de capador de José María Rodríguez.

No products found.

Dun afiador de Luíntra a un disco de Miles Davis

Esa melodía producida polo veciño de Luíntra rematou uns anos despois convertida en fonte de inspiración para un dos grandes da música americana, Miles Davis. No ano 1960, Davis gravou a canción «The Pan Piper» na que imite no inicio o son do cifro de José María.

Para recordar este vínculo entre Luíntra e Miles Davis, a escola de Luíntra realizará o 29 de novembro ás 11.30h un evento con motivo do 70 aniversario desta historia.

Durante o acto presentaranse tres murais realizados polo artista Antón P. Couto onde figurarán os tres protagonistas da historia. A maiores, unha sobriña de José María, Celita, soará o chifro de seu tío 70 anos despois.

Dun afiador de Luíntra a un disco de Miles Davis

          

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba