Cajón desastre

Entroido Escolar: unha festa para os nenos ou para os pais?

Cada ano, cando se achega o Entroido, as familias reciben no colexio a indicación do disfrace que deberán levar os nenos e nenas.

En teoría, esta proposta pretende fomentar a creatividade e a participación familiar, ofrecendo unha oportunidade para compartir tempo de manualidades cos máis pequenos.

Entroido Escolar: unha festa para os nenos ou para os pais?

Pero a realidade é ben diferente: en moitos fogares, os disfraces acaban sendo unha tarefa exclusiva dos pais e nais.

A idea de traballar en equipo é atractiva. Sentarse xuntos, recortar, pegar, coser se fai falta… pero despois dos primeiros minutos de entusiasmo, os cativos adoitan perder o interese. A súa paciencia é limitada, e cando descubren que a elaboración require tempo e precisión, prefiren deixalo nas mans dos adultos. Así, entre tesoiras, cartóns e pegamento, son os pais quen acaban asumindo toda a responsabilidade.

Ante esta situación, cabe preguntarse: non sería máis beneficioso que estes proxectos se desenvolvesen, polo menos en parte, durante o horario lectivo? Incluír a elaboración dos disfraces no programa escolar tería numerosas vantaxes.

En primeiro lugar, os nenos implicaríanse de verdade no proceso, convertendo o disfrace en algo propio e significativo. Ademais, reforzarían habilidades manuais, creatividade e paciencia, aspectos fundamentais no seu desenvolvemento. Por outra banda, aliviaría a carga sobre as familias, que moitas veces deben afrontar estas tarefas en horarios incompatibles coas súas obrigas laborais.

Entroido Escolar: unha festa para os nenos ou para os pais?

O Entroido é unha festa de cor, diversión e imaxinación. Por que non levar este espírito ás aulas? Se os disfraces son para os nenos, ten sentido que tamén sexan eles quen os creen, converténdoos en protagonistas dunha experiencia que realmente lles pertence.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.